FIBRANZAS
Formación de 200h dirigida por Idoia Cuesta en Os Casares, San Cristovo de Mouricios (Chantada, Lugo). Organizada por Fundación Artesanía de Galicia y Xunta de Galicia, con la colaboración de Espacio Vilaseco y Os Casares. Su objetivo es preservar y difundir técnicas tradicionales, incorporándolas al diseño contemporáneo y fomentando el relevo generacional en la artesanía gallega.
-
MÓDULO 1: OBTENCIÓN DE FIBRAS VEXETAIS CESTEABLES
1.1. TÉCNICAS DE CULTIVO AGROECOLÓXICO DO VIMBIO: Introdución ás especies cesteables. Poda do vimbio, tallado de varas, selección por alturas e atado en feixes. Separación de especies e conservación de fibras vexetais. Almacenamento. Preparación do terreo, obtención de escallos, marcos de plantación e deseño da plantación en bancais. Formación: Idoia Cuesta e colaboración de Marcos Besada.
1.2. ESTRUTURAS DE VIMBIO VIVO: Técnicas de tecido de varas vivas de vimbio para estudar as posibilidades da aplicación do vimbio vivo en diversos proxectos de xardinería, paisaxismo, horticultura, recuperación e restauración ambiental, etc., como domos, cabanas, peches, cerrados. Formación: Idoia Cuesta.
-
MÓDULO 2: TÉCNICAS DE CESTERÍA TRADICIONAL
2.1. CESTERÍA DE LÁMINAS DE CASTIÑEIRO: Selección de ramas, corte, fendido e preparación das ramas de castiñeiro, pelado da casca e preparación das láminas. Manexo do banco de cesteiro e afiado das ferramentas. Práctica enfocada á realización de cestos coa técnica de damero tradicional. Formación: Enrique Táboas.
2.2. CESTERÍA DE CASCAS DE VIMBIO: Pelado de varas de vimbio de diferentes especies e preparación da casca en tiras para o tecido de cestos coa técnica de Plaiting, unha técnica tradicional baseada no tecido diagonal. Trabállase con materiais planos e flexibles, en forma de cinta, como a casca de vimbio, que se tecen en ángulo recto creando patróns diagonais. Formación: Idoia Cuesta.
CESTERÍA DE VARAS DE VIMBIO: Cestería tradicional con varas de vimbio de diferentes especies. Tecido da base do cesto, tecido da parede do cesto coa técnica de telada. Remate con técnica de cordón dobre ou triplo. Realización da asa central ou asas laterais.
-
MÓDULO 3: DESEÑO DE PRODUTO E PRODUCIÓN ARTÍSTICA
3.1. ARTE DA PAISAXE: Creación de estruturas que interactúan coa contorna a través de trenzados, tecidos e formas escultóricas. O vimbio tamén se emprega para re-definir límites, crear barreiras visuais ou modificar a paisaxe de maneira orgánica para xerar un diálogo entre o home, os elementos naturais e o espazo. Formación: Jette Mellgren e Jan Johansen (Odense, Dinamarca)
3.2.: ARTE CONTEMPORÁNEA E FIBRAS: Unha produción artística. Os alumnos participarán nun proceso de creación colectiva en diálogo con Sonia Navarro, poñendo en práctica técnicas artesanais levadas ás diferentes formas de traballo de cada participante. Formación: Sonia Navarro e Idoia Cuesta en colaboración.
-
MÓDULO 4: TÉCNICAS TRADICIONAIS E CONTEMPORÁNEAS
4.1. CESTERÍA DE COLMO: Técnica artesanal tradicional de cosido en espiral que utiliza talos de palla de centeo e trigo e mesmo outras especies vexetais como xesta, piorno ou liño… para crear unha ampla variedade de obxectos de gran tradición rural. O cosido realizarase con cinta de vimbio e con cinta de silva. Formación: Álvaro Leiro. 4.2. DESEÑO DE OBXECTOS E PECHE DA FORMACIÓN: Creación e elaboración de prototipos dunha colección de pezas en base ás técnicas aprendidas durante o ano, a partir das fibras vexetais locais (liño, vimbio e castiñeiro). Estudo das fases do proceso creativo para a realización dunha colección. Formación: Miguel Leiro.scripción